Na Coruña Contas

Volver

ALTO!!! QUE ESTÁS EN MONTEALTO

Grumi Grumi  •  26/09/2022  •  Distrito 2  • 

TÍROME POLO CAMIÑO PORQUE TEÑO MEDO DE CAER POLO BORDIÑO
TÍROME POLO CAMIÑO PORQUE TEÑO MEDO DE CAER POLO BORDIÑO

Código proposta de investimento: 4219

Moitas son as rúas de Montealto que supoñen un alto no noso camiño.

Se queredes vivir unha verdadeira aventura de obstáculos, tedes un parque de atraccións moi preto de vós: beirarrúas estreitas e sen rebaixe, escaleiras imposibles dignas de unha montaña rusa, scalextrics para poder chegar a un establecemento, voltas e máis voltas para encontrar un lugar accesible polo que chegar a outro, beirarrúas con cambios de sentido en costa moi perigosos dignos de facer puenting...

Exemplos tamén como en Fonte San Amaro cara Avenida de Navarra onde a praza para persoas con mobilidade reducida unha vez estacionado o coche non se podería subir a beirarrúa que por outro lado é tan estreita que soamente gañaríamos unha caída.

En definitiva, un stop no camiño das persoas con mobilidade reducida.

Proposta en nome de: GRUMICO. GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JAF

    O meu total apoio a esta iniciativa e a calquera semellante que mellore a accesibilidade e o urbanismo sen barreiras desta cidade
    Non debería ser propostas por cada barrio, debería global a nivel de toda a cidade
    É triste ver que o Concello non dispoña dun plan de mellora (ou si?), neste aspecto e que teñamos que estar "concursando" para poder ter o maior apoio posible e así facer realidade e ser unha cidade adaptada para todos/as

    Sen respostas
Non hai fitos definidos