Modo vista
- Tarxetas
- Lista

Arranxo da pista do Ceip Victor López Seoane
25/09/2022 • • Distrito 2
A pista deportiva do Ceip Victor López Seoane,colexio do barrio de Monte Alto ao que asisten case 420 nenos e nenas, ten unha pista deportiva en moi malas condiccións.
O chan da pista presenta cuarteaduras, foxos, nalgúns lugares tende a denivelarse ademais dun enreixado roto, co perigo que supón estas condiccións para o alumnado.
Desde a Anpa Faro propoñemos o seu arranxo para que a comuidade educativa do colexio poida gozar dunas instalacións axeitadas para poder desenvolver as súas actividades deportivas e culturais.