Na Coruña Contas

Volver

Construir un Centro de Benestar e Interrelixioso para toda la ciudad

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  26/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 4213

Creación de un centro público que combinaría a práctica de diferentes disciplinas para o desenrrolo e evolución persoal, na procura de unha mmellora da calidade de vida da cidadanía, con actividades de culto dende unha perspectica interrelixiosa que facilite o disfrute efectivo do dereito de liberdade relixiosa.

Na cidade conviven diferentes minorías relixiosas que fan os seus cultos en baixos e outros lugares que non son axeitados para esa actividade, por non dispoñer de equipamentos suficientes e porque marxinalizan aos seus fieis. Con frecuencia os cidadáns pertencentes a minorías relixiosas pertencen tamén a minorías étnicas, polo que a deficiencia e baixa calidade dos seus centros de culto convértese nun elemento marxinalizador adicional.

Para facilitar o desfrute efectivo do dereito de liberdade de relixiosa e culto, e o recoñecemento do pluralismo social e cultural, propoño a creación de un centro de culto interconfesional e plural, a disposición das confesións relixiosas minoritarias, que prime os valores de convivencia e respecto aos dereitos humáns, que sexa un lugar digno, accesible dende toda a cidade para persóas de todo nivel económico, visible, non agochado e integrador, seguindo os criterios da "Guía de apoyo a la gestión de la diversidad religiosa. Lugares de culto, ciudades y urbanismo" do Observatorio do Pluralismo Relixioso en España (http://www.observatorioreligion.es/upload/92/92/Guia_lugares_de_culto.pdf), en cumprimento do artigo 16.3 da Constitución Española, que establece a obriga dos poderes poúblicos, incluido o Concello, de colabortar coas confesións relixiosas, non só a católica.

O resultado podería ser algo así como un espazo amplo e cómodo, semellante a un centro cívico especializado no feito relixioso, con espacio ou espacios de culto, biblioteca especializada, áreas verdes e facil acceso, no que non soamente habería actividades de culto se non tamén actividades de desenrrolo persoal e espiritual, tipo ioga ou meditación, non encadradas nunha confesión determinada.

Informe de inviabilidade

A proposta foi calificada como inviable porque excede a competencia do Concello da Coruña e ademáis sería preciso verificar que na cidade existe unha demanda real consolidada.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Di o concello que a aproposta é inviable porque excede a conpetencia do Concello, pero o mesmo se podería dicir de calquera actividade cultural o recreativa feita polo concello, dede o Kiosko Alfonso ás clases de ioga e a maioría das actividades dos centros cívicos. A causa real do rexeitamento e unha actitude antirrelixiosa, cando menos dirixida as confesións relixiosas minoritarias.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos