Na Coruña Contas

Volver

HUMANIZACIÓN DA RÚA SALGADO SOMOZA

Julia Julia  •  25/09/2022  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 4181

A rúa Salgado Somoza é unha rúa estreita e perigosa que carece de beirrarrúas para uso dos transéuntes, apenas conta cunha trazado no chan que é insuficiente para a seguridade dos viandantes, ademáis é un tramo que  é utilizado por moitos  escolares por tratarse dun punto de acceso  a tres centros educativos próximos. A miúdo os vehículos incorporanse a moi alta velocidade sen respectar a proximidade das zonas escolares e a cercanía dos  portais dos residentes. O estacionamento en máis ocasións das debidas de coches na linea amarela, ocasiona que os coches que suben arrímense demasiado os portais, co conseguinte perigo para a xente que accede ou sae da súa vivenda. O asfaltado da rúa está en condicións pésimas,  sería necesario un pavimentado novo. A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a  creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos  transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela, cunha boa sinalización ou ben instalando bandas rugosas .

Documentos (2)

Informe de custo

A proposta é técnicamente viable.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Pintxo

    A rúa necesita unha reforma integral que ofreza a creación dunha beirrarúa en condicións para a seguridade dos transeúntes e veciños, un pavimentado novo e a limitación de velocidade para os vehículos que accedan a ela. Hai moitos rapaces que van a escola Zalaeta por ela. É un perigo para eles ir por esa rúa e saír deses portais sen beirarrúa.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos