Na Coruña Contas

Volver

POÑER EN VALOR O CASTRO DE ELVIÑA E A SUA CONTORNA.

Lala Lala  •  25/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 4175

Darlle o sitio que merece o castro de elviña como elemento arqueolóxico turístico e crear un gran parque verde no seu arredor. Non nos sobran elementos de atracción para esta cidade, coidemos os que temos herdado.

Informe de custo

Dado o tipo de actuación, pouco doada polo nivel de protección do espazo, e a imposibilidade de traballar con maquinaria pesada ordinaria, precisaríamos o orzamento máximo de 1.000.000 euros para propostas de toda a cidade.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jb

    Importante como é a conservación do castro, elemento simbólico e histórico da cidade, aínda é máis relevante que se aborde a creación dun pulmón verde ao seu arredor, con especies autóctonas, porque o concello ten unha carencia enorme de masa arbórea e este é un dos últimos redutos en que así se pode aínda mellorar un circuíto privilexiado para camiñantes e ciclistas, nomeadamente o Camiño de Campos para Feáns e outros tramos por tras do campus universitario. Ten o meu voto.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos