Na Coruña Contas

Volver

Aparcadoiro Facilitador

2pa 2pa  •  20/09/2022  •  Distrito 2  • 

Plano Centro Saude Monte Alto
Plano Centro Saude Monte Alto

Código proposta de investimento: 4015

Arranxo e ancheado do acceso ao Centro de Saúde de Orillamar.

O centro de saúde de Orillamar ten un acceso dificultoso cando se teñen que achegar persoas con mobilidade reducida.

A rúa pola que se accede ten posibilidade de ancheamento para mellorar tanto o vial como a beirarúa, e ademais na parte final hai espazo para habilitar un lugar reservado que permita levar en coche a unha persoa con problemas, baixala e recollela.

Demandamos a intervención do Concello que facilite todas as manobras relacionadas.

Localización: C.S. Monte Alto-A Torre. Luis Rodriguez Lago 2 B

Proposta en nome de: Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque os terreos forman parte dun polígono.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 2pa
    2pa  •  Autor  •  28/09/2022 21:55:51

    Rogo revisen inviabilidade, xa que trátase de que as persoas que se achegan ao centro de saúde levando a unha persoa con problemas de mobilidade poida aparcar, baixar coa persoa discapacitada sen ser multado como xa ten sucedido.
    Polo cal prego revisen a inviabilidade. Non se trata da construción de un aparcadoiro, senón de facilitar o achegamento de persoas con problemas. Agora mesmo é complicado por ser estreito o acceso e non poder deixar o vehículo.
    Grazas.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos