Na Coruña Contas

Volver

Pasos de peatones antideslizantes

AR AR  •  20/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 4010

Propongo poner pasos de peatones antideslizantes en toda la ciudad pues es peligroso para los peatones, motocicletas, bicicletas y demás vehículos.

Gracias y un saludo

Informe de inviabilidade

A actuación solicitada non implica investimento, senón que se encadra no gasto corrente, xa que logo o Concello da Coruña dispón na actualidade, a través do seu Servizo de Mobilidade Urbana, dun contrato de mantemento de sinalización horizontal e vertical das vías públicas municipais. A entidade contratista está a prestar este servizo desde o ano 2018 polo que non é necesario realizar actuacións de investimento para a sinalización dos pasos de peóns na cidade. Ademais, en relación coa resbaladicidade da pintura, debe indicarse que a dita empresa contratista realizou un informe “Ensaio das marcas de viarios”, con probas en diversos pasos de peóns durante os meses de maio do 2018 a xaneiro de 2019, nos que concluíu o seguinte: - A pintura utilizada na sinalización dos pasos de peóns da cidade é pintura plástica en frío de dous compoñentes e de longa duración, aplicada con pulverización; tras o pintado, aplícase capa de microesferas de vidro para asegurar o anti-esvaramento. - Os ensaios realizáronse conforme ao disposto na ORDE FOM/2523/2014 do Ministerio de Fomento de Actualización PG-3 no relativo a sinalización, balizamento e sistemas de contención de vehículos. Artigo 700: Marcas Viarias, así como a normativa de calidade UNE-EN 1436:2009+A1 Materiais para sinalización horizontal. -O resultado obtido foi o seguinte: Comportamento das marcas viarias aplicadas sobre a calzada: O parámetro SRT de resistencia ao esvaramento en húmido resulta CONFORME PG3.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos