Na Coruña Contas

Volver

Ampliación do proxecto de Locais de Ensaio

erikskauch erikskauch  •  19/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Locais de ensaio do Coliseum
Locais de ensaio do Coliseum

Código proposta de investimento: 3956

Os locais de ensaio do concello son unha serie de locais insonorizados e con equipamento, situados nos baixos do Coliseum e xestionados públicamente que permiten a mozos e mozas da cidade poñer en marcha os seus proxectos musicales, ensaiar e grabar as suas maquetas de maneira gratuita. Dende a sua creación serviron tanto para crear una escena musical na cidade da que están a sair propostas moi interesantes como para ofrecer unha alternativa de ocio a xuventude. Alén diso, o programa compleméntase con concertos onde os grupos dos locais poden tocar para os seus veciños (sexan con fins benéficos ou en eventos do concello como as carreiras populares) e incluso con clases impartidas por profesionais. O seu éxito demóstrase na cantidade de solicitudes que chegan para poder formar parte do programa, que deixan fora por capacidade a moitos e moitas das solicitantes. Esta proposta de investimento propón destiñar unha partida de diñeiro para amplia-lo proxecto. Algún posibles usos para mellorar o programa son:

  • Habilitar mais máis salas con equipamento (non necesariamente no Coliseum, poderíanse adecentar outros espazos sen uso do Concello) para chegar a mais usuarios
  • Ampliación dos horarios
  • Ampliar a posibilidad de aceptar no programa a maiores de 30 anos (ainda que fora pagando una cantidade solidaria para o mantemento do equipamento)
  • Programación continua en colaboración coas salas da cidade de grupos dos locais
  • Fomento dun sistema de "combos" similar ao das academias de música onde se xunta xente que toca distintos instrumentos pola súa conta para tocar xuntos dirixidos por un profesor, o que tamén crearía postos de traballo.

Apostar pola cultura, pola creación musical e por as actividades para os mozos e mozas, ten resultados positivos a moitísimos niveles para toda a cidadanía.

Informe de inviabilidade

A proposta foi calificada como inviable porque a meirande parte das actuacións incluidas non son investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos