Código proposta de investimento: 3875
Demolición da totalidade ou parte do peche do Parque de Santa Margarida na rúa Pai Sarmiento (similar ó realizado no anterior mandato na porta da Avenida de Fisterra).
Puidendo suprimir a totalidade ou reutilizando a parte de pedra como banco corrido en tramos diversos.
Deste xeito o acceso ó parque é mais permeable e as rúas adxacentes teñen mais sinxelo o acceso.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.
Creo que o caso é que esa parte (ata que comeza a costa) serve de peche da área canina. Pero si, esa rúa necesita adecentarse dalgunha maneira.
O peche da área canina vai en paralelo ó peche do parque, pero esta non chega ós extremos. Poderíase abrir igualmente (un peche mais permeable), e permitir o acceso polos dous extremos. Por non falar da posibilidade de transformar o propio muro en bancos de estancia e unha menor sensación de illamento e inseguridade