Na Coruña Contas

Volver

Energía renovable

vales vales  •  13/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3768

Instalar placas solares en edificios públicos para abaratar las facturas y conseguir reducir la contaminación 

Informe de custo

Polo carácter xenérico da proposta, asígnase o importe máximo indicado nos criterios de avaliación. Considerando unha instalación solar térmica: O elemento principal destas instalacións é o captador solar, un equipo que aproveita o efecto invernadoiro para transformar a radiación solar en enerxía térmica e transferila ao fluído caloportador. Existen dous tipos fundamentais de paneis térmicos: os paneis planos e os tubos sen carga. O tamaño da instalación depende da súa aplicación, as necesidades enerxéticas, e o tipo de equipos utilizados. O custo e rendibilidade das instalacións é variable en función do tipo de instalación, o seu tamaño, a calidade dos materiais, a facilidade na montaxe, etc., polo que é imposible determinar unha repercusión aplicable a todos os casos. A continuación inclúese un custo aproximado de instalacións solares térmicas para os casos típicos aplicables: -Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria en centro de gran consumo. As instalacións solares térmicas poden ser utilizadas para a xeración de auga quente en centros de gran consumo, como pavillóns polideportivos, etc.; nestes centros é habitual que o consumo sexa constante e elevado durante todo o ano (3.000 litros/día constantes durante todo o ano). Sup. captadores planos ( m2) = 45-55 Vol. acumulador ( l) = 3.000 Prod. solar ( termias/ m2 ano) = 450-600 Fracción solar (%) = 60-75 Prezo aprox. (€/ m2) = 550-750 Con 250.000 € poderíanse instalar uns 333,33 m2 de paneis solares térmicos ( captadores planos), o que daría para uns 6 pavillóns polideportivos. -Instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina cuberta. Unha das aplicacións máis utilizadas da enerxía solar térmica é a climatización de piscinas. Estas instalacións están comunmente ligadas a un elevado consumo de auga quente sanitaria, que se utiliza nos vestiarios ou pavillóns polideportivos anexos a eles. Sup. capatadores planos ( m2) = 75-90 Vol. acumulador ( l) = 4.000 Prod. solar ( termias/ m2 ano) = 450-600 Fracción solar (%) = 60-75 Prezo aprox. (€/ m2) = 800-1200 Con 250.000 € poderíanse instalar uns 208,33 m2 de paneis solares térmicos ( captadores planos).


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos