Na Coruña Contas

Volver

Restauración do chamado "Castelo de Eirís" ou "Forte de Valparaíso"

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Castelo_de_Eirís_(imaxe_da_Opinión).jpg
Castelo_de_Eirís_(imaxe_da_Opinión).jpg

Código proposta de investimento: 3631

O chamado "Castelo de Eirís" ou "Forte de Valparaíso", cenario dos principais fitos historicos desta cidade dende época romana, leva esmorecendo moitos anos. Cada ano os muros son máis baixos, e ata hai nada había a diario xente xogando a trepar por eles, aumentando o deterioro. 

A última campaña arqueolóxica descubriu que todas as dovelas do arco de acceso están en perfecto estado, e o Concello ten moitas das pedras que faltan na súa custodia. Van varios amagos de conservación, que de pouco serve xa que o abandono posterior desfai o traballo, convertindo a inversión en gasto.

Entendemos necesario abordar dunha vez a restauración e protección definitiva da insigne construción. Tamén é preciso un control social ca finalidade de minimizar a degradación e levar a cabo labores de interpretación: pola súa proximidade ó Camiño Inglés e polo valor material e inmaterial deste fito historico.

A súa interacción na paisaxe urbana pode potenciarse ca iluminación nocturna aproveitando de novo este recurso como elemento de apoio de control e para distintas visitas guiadas nocturnas. 

Localización: Parque de Eirís

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta ten puntos comúns coa liñas sobre as que están traballando o servizos técnicos municipais. Nembargantes o futuro uso público final non pode ser definido sen rematar as actuacións de investigación. Partindo disto valórase a posibilidade de realizar as seguintes actuacións: -Escavación arqueolóxica en área ata esgotar os estratos arqueolóxicos na superficie necesaria para rematar as investigacións, de xeito que se poda definir nun futuro os usos deste espazo. -Restauración e consolidación das estruturas arqueolóxicas atopadas co obxecto de integralas armónicamente no parque."·


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos