Na Coruña Contas

Volver

Accesibilidade escalinata de Adelaida Muro personas maiores

fendetestas fendetestas  •  04/10/2021  •  Distrito 2  • 

Adelaida_Muro_Escalinata_para_accesibilidad.jpg
Adelaida_Muro_Escalinata_para_accesibilidad.jpg

Código proposta de investimento: 3629

Proxecto para instalar unhas escaleiras mecánicas na actual escalinata de Adelaida Muro e a rúa Angel Rebollo para facer accesible ao barrio desde a rampla do Matadoiro. Na actualizade a idade media do barrio de Monte Alto é maior a 50 anos. En breve haberá moitas persoas con problemas de mobilidade dadas as empinadas costas da zona. Proponse unha acción solidaria cos nosos maiores para mellorar a accesibilidade do barrio, a través da execución dun proxecto xa estudado e valorado polo Ayundamiento dá Coruña, traballando sobre a escalinata de Adelaida Muro, que na actualidade está moi degradada, e aproveitaríase para arrombar a zona e renovar a rede de sumidoiros, tamén en mal estado. Instalaríase unha serie de tres escaleiras mecánicas que salven un total de 12 m de desnivel nunha rúa de 44 m (unha pendente media do 27,3%) que une as rúas Adelaida Muro e Anxo Rebollo. Esta solución poderíase complementar cunha segunda actuación na rampla do Matadoiro, onde se propón un ascensor vertical que aproveite o noiro existente entre a cota do hotel Tryp María Pita e a da rúa Adelaida Muro.

Levo anos metendo esta proposta e sorprendome cada ano as propostas de xardins verticais e ideas diversas sen abordar os problemas reais das persoa maiores. Como os maioren non votan sempre saen as mesmas cousas. ¿Esta e a sociedade solidaria que queren os xóvenes?

 

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos