Na Coruña Contas

Volver

Monumento a Rosalía

maboro maboro  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3582

Na Coruña temos moitos monumentos, entre outros aos próceres das nosas letras, aos heroes do Orzán ou mesmo a John Lennon, pero ningún a Rosalía, a maior representante da literatura galega, a pesares de que viviu na cidade e mesmo unha grande parte da súa familia está soterrada nela.

Propoño a erección dun Monumento honrando a Rosalía. Podería ser en calqueira parte, mais coido que o más axeitado sería no Cantón Grande, ao igual ca o de Curros.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos