Na Coruña Contas

Volver

Instalacións deportivas públicas en Los Rosales

Belusquinha Belusquinha  •  04/10/2021  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 3581

 Penso que o barrio dos Rosales é un dos barrios con mais poboación infantil da cidade. Como veciña e nai, gustaríame propor a estes orzamentos municipais a posibilidade de dotalo de pistas mulitideporte de acceso libre.

Certo é que temos espazos dentro dos distintos colexios e incluso un polideportivo municipal. Pero estos espazos teñen unha limitación horaria e ligada ó calendario escolar. Paréceme moi necesaria a creación de espazos de uso libre, que non teñan hora de peche, nin deixen de funcionar no verán ou en vacacións.  Todos e todas estamos de acordo no positivo da práctica constante de deporte por parte d@s nos@s rapazas e rapaces e para iso, precisan de lugares onde practicalo.

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos