Na Coruña Contas

Volver

Novo Espazo Sociocultural para zona RIAZOR recuperando a concesión de Os Arcados

tomilegido tomilegido  •  04/10/2021  •  Distrito 5  • 

Os Arcados seguen, ano tras ano, abandoados
Os Arcados seguen, ano tras ano, abandoados

Código proposta de investimento: 3579

O Paseo Marítimo ten un espazo abandoado e nun estado deplorable a vista de todo o mundo dende fai moitos anos. A empresa concesionaria, polos motivos que sexan, non está a aproveitar un lugar privelixiado. Propoño a súa recuperación para a cidadanía da cidade (rescate parcial da Concesión do Playa club) para crear un espazo de uso social e cultural. A zona de Riazor segue a medrar con novas vivendas a carón do paseo Marítimo e a facultade de Náutica a xa somos moitas persoas sen un lugar de referencia para ler, compartir actividades diversas... Pola configuración do espazo semella doado dividilo por tramos para diversos usos sociais. 

Paga a pena facer un esforzo administrivo para que volte a ser da cidadanía coruñesa. Os turistas tamén verían un lugar digno e non o que hai agora dando noxo. Moito noxo, non hai máis que asomarse e mirar o que alí está á vista de todo o mundo.

Localización: Paseo Marítimo Zona Playa Club Esclavas

Informe de inviabilidade

A súa proposta foi calificada como inviable porque na actualidade eses locais están concesionados.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos