Na Coruña Contas

Volver

Levantamento de beirarrúa na rúa San Lorenzo

Comunidade de veciños de San Lorenzo 10 Comunidade de veciños de San Lorenzo 10  •  03/10/2021  •  Distrito 2  • 

Acceso rúa San Lorenzo
Acceso rúa San Lorenzo

Código proposta de investimento: 3485

Ola. San Lorenzo é unha rúa estreita duns 90 metros de longo, composta na súa maioría por edificios antigos e pintorescos en constante reforma. Desdobla o tráfico das rúas Andrés Antelo e Miguel Servet cara a rúa Tui, polo que básicamente úsase como atallo ou aparcamento para entre 15 e 20 vehículos.

Ao non ter beirarrúa, estes aparcamentos prodúcense de forma irregular, polo que moitas veces os vehículos quedan demasiado pegados aos edificios e dificultan a entrada e saída dos portais, así como a circulación peonil por un espacio seguro entre os coches é as casas. Non ter beirarrúa repercute tamén na limpeza, que é deficiente, e na circulación das augas pluviais que corren ata un desaugadoiro da rúa Tui. O aparcamento irregular dificulta tamén a entrada de vehículos de emerxencia, especialmente no seu primeiro tramo, onde unha cornixa non permite pasar, por exemplo, aos camións de bombeiros.

Por estas razóns propoñemos o levantamento dunha beirarrúa estreita, que regule o estacionamento, canalice as augas e garante os accesos aos portais e o paso seguro, así como o acceso dos vehículos de emerxencias.

Os veciños estamos a facer un grande esforzo por reformar os nosos edificios e darlle a rúa unha nova vida que pensamos que merece, e por iso pedimos o teu apoio para a nosa proposta. Graciñas!!!

 

 

Proposta en nome de: Comunidad de veciños de San Lorenzo 10

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A proposta ten un límite de orzamento de de 150.000,00€, proponse una remodelación da rúa San Lorenzo en plataforma única. Con pavimentos diferenciados na zoa peonil, dúas bandas de 1,50 m de ancho en ambas marxes pavimentadas con baldosa granallada e una zoa de tráfico rodado de 3m de ancho pavimentado en lousa de formigón. Na Proposta incluése o cambio da rede de augas fecais e a creación duhna nova rede de recollida de augas de choiva e a instalacion da rede de comunicacións municipais.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos