Na Coruña Contas

Volver

Parques Calistenia

JavierCastro JavierCastro  •  02/10/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 3443

Olá,

A miña segunda proposta de investimento trátase da creación dun parque de calistenia ó aire libre. Nos tempos que están a correr, en moitas ocasións precisamos de lugares ad hoc debido ó peche dos ximnasios e centros deportivos por motivo da pandemia COVID-19 e non os había ou, se os había, eran poucos e na outra punta da cidade. Mencionar tamén a importancia de lugares de deporte ó aire libre pra a práctica deportiva saudable cos beneficios que aporta pra lograr unha vida sá e plena.

Localización: Praia de Oza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos