Na Coruña Contas

Volver

Instalación de bolardos na saída da Rúa Xirasoles

bfrr bfrr  •  29/09/2021  •  Distrito 7  • 

Cruzamento Rúa Xirasoles con Camilo José Cela
Cruzamento Rúa Xirasoles con Camilo José Cela

Código proposta de investimento: 3331

Na confluencia da rúa Xirasoles coa Rolda de Camilo José Cela hai dúas "isletas" situadas unha a cada lado sobre a cal aparcan habitualmente coches e que dificulta moitísimo a visibilidade á hora de saír da rúa Xirasoles. Nese cruce, por mor da pouca visibilidade, xa se teñen rexistrado accidentes e os sustos son moi habituais.

Sería precisa a instalación duns bolardos que limiten o aparcamento enriba desas "isletas" para mellorar a seguridade. Adxunto imaxe na que se observa como os coches aparcados enriba limitan a visibilidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos