Na Coruña Contas

Volver

Zona de calistenia/street workout no parque de Oza

migombab migombab  •  28/09/2021  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 3288

O horto urban do parque de Oza e un terreo actualmente en desuso e inclusive vandalizado, que pode ser reutilizado para poñer unhas barras de calistenia/street workout e uns carteis con exercicios que se podan realizar nelas, que non precisan de mais espazo.

Isto daria a posibilidade de realizar exercicios a xente que non poda pagar un ximnasio ou que guste de exercitarse o aire, fomentando habitos de vida saudables mediante o uso do propio peso corporal.

Ista zona conta xa nas inmediacions con 2 canchas de deporte pechadas e aparatos para o mantemento fisico e evitar a perda de psicomotricidade da 3ª idade, co que, levando a bo termo este proxecto, dotaria o parque dun complexo deportivo para todalas idades, que fomente a reunion interxeracional.

Ademais, coa presenza do instituto Monelos o lado e do colexio San Francisco Xavier preto, tamen seria unha forma de motivar as mozas e mozos a manter uns habitos saudables, xa que o deporte fomenta a inclusividade, a colaboracion e a participacion.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos