Na Coruña Contas

Volver

Pasos de peóns na Rúa Ramón del Cueto e reductores de velocidade

71adf870-1909-4659-b925-33e0385ac2c6 71adf870-1909-4659-b925-33e0385ac2c6  •  25/09/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 3125

Nos arredores do CEIP Curros Enríquez e do Campo de Marte, na Rúa Ramón del Cueto, sobre todo, porque é de baixada e os coches teñen tendencia a ir máis rápido do que deberan. Só temos tres pasos de peóns nunha rúa que precisaría polo menos un máis, á altura da Rúa Ángel Rebollo, pois é un lugar moi inseguro para a entrada e saída de rapaces na escola.

Deberían instalarse reductores de velocidade nesta baixada, pola tarde, cando a escola xa está fechada, hai moitos nenos e familias que atravesan pola paso de peóns intermedio e final, nos que os coches chegan a alcanzar velocidades non permitidas. E impede que poidamos dar independencia aos nenos maiores para cruzaren e iren facer recados, por exemplo, no supermercado Familia que está xusto do outro lado do parque.

Se queremos unha cidade máis humana, teremos que comezar por dar espazos aos nenos, e permitirlles que poidan ir sós pola rúa sen estarmos continuamente a pensar que un coche os pode atropelar, mesmo se cruzan por onde deben.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos