Na Coruña Contas

Volver

Crear unha praza de carga/descarga para o seu uso polas veciñas e veciños

raquelcoutoantelo raquelcoutoantelo  •  23/09/2021  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 3055

No tramo par da Ronda de Outeiro comprendido entre a Avenida Finisterre e a Avenida de Arteixo só hai un edificio con garaxe, pese a que se trata de edificios cunha altura mínima de cinco pisos e que contan cun gran número de vivendas. Isto ocasiona serias dificultades á hora de poder aparcar diante do propio edificio para cargar e descargar (persoas, paquetería, mobiliario, etc). Tamén hai que contar cas sancións por estacionamento en dobre fila, que impón o Concello mediante as cámaras de vixiancia situadas nos semáforos deste tramo, pese a que este tramo da Ronda de Outeiro conta con tres carrís e non se ocasiona interrupción do tráfico.

Por todo isto solicito que se cree unha praza para carga/descarga en cada tramo de beirarrúa para o uso polas veciñas e veciños, é dicir, unha praza en cada un dos seis tramos seguintes: 166-178, 180-192, 194-200, 202-214, 216-222, 224- 230.

 

Localización: Ronda de Outeiro (tramo de números pares entre a Avenida Finisterre e a Avenida de Arteixo)

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como INVIABLE por non cumprir o requisito de ser un gasto de investimento. A reserva e sinalización viaria de prazas de carga e descarga non supón investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos