Na Coruña Contas

Volver

Centro de culto interrelixioso.

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  23/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3045

Creación de un centro de culto público e interrelixioso que facilite o disfrute efectivo do dereito de liberdade relixiosa.

Na cidade conviven diferentes minorías relixiosas que fan os seus cultos en baixos e outros lugares que non son axeitados para esa actividade, por non dispoñer de equipamentos suficientes e porque marxinalizan aos seus fieis. Con frecuencia os cidadáns pertencentes a minorías relixiosas pertencen tamén a minorías étnicas, polo que a deficiencia e baixa calidade dos seus centros de culto convértese nun elemento marxinalizador adicional.

Para facilitar o desfrute efectivo do dereito de liberdade de relixiosa e culto, e o recoñecemento do pluralismo social e cultural, propoño a creación de un centro de culto interconfesional e plural, a disposición das confesións relixiosas minoritarias, que prime os valores de convivencia e respecto aos dereitos humáns, que sexa un lugar digno, accesible dende toda a cidade para persóas de todo nivel económico, visible, non agochado e integrador, seguindo os criterios da "Guía de apoyo a la gestión de la diversidad religiosa. Lugares de culto, ciudades y urbanismo" do Observatorio do Pluralismo Relixioso en España (http://www.observatorioreligion.es/upload/92/92/Guia_lugares_de_culto.pdf).

O resultado podería ser algo así como un centro cívico especializado no feito relixioso, con espacio ou espacios de culto e biblioteca especializada.

Localización: En calquera parte da cidade con boa accesibilidade e visibilización.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Bó día Jorge.
    Queda no artigo 16.3 da Constitución:
    "Ninguna confesión tendrá carácter estatal. Los poderes públicos tendrán en cuenta las creencias religiosas de la sociedad española y mantendrán las consiguientes relaciones de COOPERACIÓN con la Iglesia Católica y las demás confesiones".

    O Estado Español é aconfesional pero colabora coas organizacións relixiosas como colabora con entidades culturáis. A colaboración do Estado coas confesións relixiosas ha de estar giado polo proncipio de libertade relixiosa do artido 16.1 e a igualdade relixiosa do artigo 14. Aconfesionalidade ou laicidade non significa que o Estado sexa confesionalmente agnóstico.
    Saúdos.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos