Na Coruña Contas

Volver

Mellorar a seguridade de parada de autobús do 69 da Avenida de Fisterra.

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  23/09/2021  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 3044

A parada de autobús situada no nº 69 da Avenida de Fisterra está xusto despois dun semáforo, de maneira que cando os autobuses, baixando a toda velocidade pola avenida, entran na súa parada, pasan por diante das persóas que están esperar para cruzar a rúa a escasos centímetros dos seus corpos, de maneira que calqueira despiste dun peatón, adulto ou neno, podería ter unha consecuencia luctuosa.

Propoño desprazar a parada do bus uns poucos metros máis abaixo, trasladando unha praza de aparcamento de diante a atrás da parada, ou ben instalar un andén que separe o espazo de parada do autobús da beirarúa.

Localización: Avenida de Fisterra, nº 69.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos