Na Coruña Contas

Volver

Uso do idioma galego na sinalización viaria

Pichichi Pichichi  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Sinalización Avda. de Oza
Sinalización Avda. de Oza

Código proposta de investimento: 3003

O que se pretende con esta proposta é a utilización do idioma galego, tal como establece a normativa vixente, na sinalización viaria da nosa cidade, tal e como establece a lei de Normalización Lingüística de 1983.

Ao longo da cidade hai unha chea de carteis de sinalización viaria coa indicación en idioma castelán: "Casa del hombre", "Palacio de la Ópera"..., con topónimos deturpados: "Arteijo", "Finisterre"..., con denominacións non normativas: "Ciudad Vieja", "Puente del Pasaje", "Cementerio", "Salida de ciudad", "Puerto"... carteis que habería que modificar por outros rotulados en idioma galego.

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A sinalización non supón un gasto de investimento senon que é un gasto corrente, polo que a proposta non cumpre os requisitos para ser viable" Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ogaiago

    Apoio total. Empezando por estes carteis e a seguir polas placas co nome das rúas: *Payo Gómez/Paio Gómez (ou Gomes), *Buenos Aires/Bos Aires, *Riego de Agua/Rego de Auga, *Plazuela de los Ángeles/Praciña dos Anxos, *Caballeros/Cabaleiros (ou mellor, Alcabaleiros, nome orixinal). E o mesmo cos nomes dos santos, Santo André, San Domingos, San Xosé, Santa Catarina. Despois a xente que as chame como queira, que tamén hai quen segue a dicir Vivero, pero a sinalización debe ser no idioma galego.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos