Na Coruña Contas

Volver

Humanización do barrio de Xuxán

partisano partisano  •  22/09/2021  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 2986

O barrio de Xuxán carece de sombras, de árbores, de prazas, de parques, de servizos públicos, de instalacións deportivas, colexios, etc. En resumo: carece de todo e do único que abunda é de habitantes abandonados polo Concello, de maleza, de coellos e ratas que proliferan na maleza, de macetas que curtan o paso polas súas rúas e de verxas caídas.

A maleza, as ratas e as verxas caídas son un risco potencial para todos, especialmente para os máis pequenos. En canto á maleza das parcelas, os propietarios deben mantelas de manera axeitada ou, do contrario, o Concello debe facer o mantemento das mesmas e pasar a factura aos propietarios das parcelas.

É necesario dotar en 2021 ou 2022 de todos eses servizos para humanizar o barrio e que os seus habitantes podamos facer vida.

Localización: Xuxán

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "As actuacións propostas son inviables por estar xa incluidas nas obras de Xuxán (Parque Ofimático), recentemente adxudicadas para a súa próxima execución." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Usuario eliminado  •  06/10/2021 23:10:21

    Ao que deseñou o Xuxán actual quedoulle a cabeza cuadrada.
    É invivible en inverno, porque non hai amparo do vento nin da choiva, e mais en verán, porque é unha masa de cemento que actúa de espello do sol, ásaste vivo. Non hai un mal tallo onde sentar nin unha mala sombra.
    Debíase consultar con quen saiba de plantacións e encher os viais de liñas de arboreda e elementos de comodidade para as persoas. O Xuxán actual é un enxendro sen nome, parece máis un polígono industrial que outra cousa.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos