Na Coruña Contas

Volver

Instalación dun ascensor na Rúa Historiador Vedía

xacarandaina xacarandaina  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Escaleiras no seu estado actual.
Escaleiras no seu estado actual.

Código proposta de investimento: 2978

En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía. Esta é moi transitada, nunha zona con moitas costas, e na que a alternativa supón desviarse moito se non se queren usar as escaleiras.

Actualmente, impiden o paso das persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos ou xente que leva bultos.

Ademáis nun dos sotos atópase a Asociación Cultural Xacarandaina, que leva traballando a prol da cultura tradicional desde o ano 1978 e conta con máis de 1000 socios e máis de 700 persoas que acuden semanalmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas que deixan de asistir á Asociación.

A mellor solución é a instalación dun ascensor que facilite o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas, sendo necesario que tivese paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira.

Localización: Escaleiras da R/ Historiador Vedía

Proposta en nome de: Asociación Cultural Xacarandaina

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Valórase a instalación dun ascensor vertical, demolendo a escaleira actual para executar unha nova configuración de escaleira ligada ao ascensor para dar acceso aos locais situados nos niveis intermedios. Esta intervención obrigará a urbanizar todo o tramo peonil da rúa situado no nivel inferior."


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos