Na Coruña Contas

Volver

URBANIZACIÓN DO CRUZAMENTO DA RÚA RIBADAVIA COA RÚA VIZCAYA

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 4  • 

Cruzamento Ribadavia
Cruzamento Ribadavia

Código proposta de investimento: 2965

Modificación do cruzamento creando unha praza de estancia para os veciños nun barrio con poucos espazos para o esparcemento.

 

 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Proponse reurbanizar en plataforma única unha parte do cruce indicado, priorizando a creación dunha praza no entorno do cruce entre as rúas Vizcaya e Ricardo Labaca, con novas zonas verdes e mobiliario urbano, así como a mellora das redes de saneamento, canalización municipal e a reposición dos servizos que puideran verse afectados.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Marcos Pérez Pena

    Moi boa proposta. Pensara en facer unha semellante e a túa paréceme unha gran solución. Ese cruce é un despropósito, con coches que aparcan en calquera sitio, que non respectan os limites de velocidade (moitos nin frean no cruce, o que da lugar a accidentes) e, en xeral, un espazo moi feo, necesitado de verde e de zonas para sentar. Toda esa mazá debería ser un espazo case-peonil e con circulación de vehículos case exclusivamente de residentes.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos