Na Coruña Contas

Volver

MELLORAS NA PRAZA SALVADOR DE MADARIAGA

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 10  • 

Modificación de alcorques
Modificación de alcorques

Código proposta de investimento: 2956

Actualmente a praza precisa unha serie de melloras tanto nos pavimentos coma na xardinería.

No primeiro caso, trala plantación de plataneiros nuns alcorques moi pequenos, estes foron levantando o enlousado, incrementando o risco de caídas e tropezos, ó mesmo tempo que os árbores non precisan o aporte de auga e ventilación do chan necesarios para unha boa saúde.

Plantexase a ampliación dos parterres en diferentes puntos do parque (unha intervención de moi pouco calado económico), no punto máis próximo o aparcadoiro de Jaime Hervada, na contorna da pista de skate e en torno ós choróns sobre a fonte) eliminando o risco de caídas, mellorando a saúde das árbores e o aspecto da propia praza, e plantando especies de baixo mantemento tapizantes neses novos alcorques. 

 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos