Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN DA FACHADA DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 1  • 

Antes e despois da proposta
Antes e despois da proposta

Código proposta de investimento: 2947

Actualmente a fachada da Fundación Luis Seoane mostra un aspecto lamentable, ennegrecida polo tempo e chea de pintadas.

O mal estado da mesma mesmo provocou danos no interior do edificio por filtracións de auga, poñendo en risco os fondos do museo.

Proponse a rehabilitación da mesma mediante o pintado das suas superficies e a limpeza das partes de pedra do seu zócolo, ademais da posibilidade de engadir algún elemento identificativo dende o paseo marítimo que reflicte as exposicións que acolle a fin de darlle maior presencia para os visitantes e cidadáns.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JB

    Una buena idea de poco coste y q embellecería el paseo. Esto mismo habría q hacerlo con un mural picassiano en el frontal de la "Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso", que, aunque es de la Xunta, el Ayuntamiento podría proponérselo, pues ganaría tb mucho esa fachada con vistas al paseo. Además, hasta lo podrían realizar los propios alumnos de la escuela.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos