Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

DAR O NOME DE AVENIDA DO OCÉANO A UNHA RÚA DA CIDADE

21/06/2016  •  becky  •  Toda a cidade

Parece mentira que nunha cidade tan marítima como A Coruña e co mar como elemento central da nosa historia non exista nengunha rúa con un nome así. Fai pouco estiven en Vladivostok, alí a avenida principal chama-se Avenida do Océano ( a secas). Creo que sería unha boa idea que nós tamén tivéramos a nosa Avenida do Océano ( eu son partidaria de que o nome sexa así, simplemente, sen engadir Atlántico). Soa ben e até ten un toque romántico. Tamén sería unha ocasión para irmanarnos con Vladivostok que está no outro extremo do continente europeo.Personalmente, estaría a favor de cambiar o nome de Avenida do Exército por Avenida do Océano.

PEQUENOS CAMBIOS E GRANDES MELLORAS NA PRAZA ELÍPTICA DOS ROSAIS

15/06/2016  •  Usuario/a borrado/a  •  Toda a cidade

SOLICITAMOS MOVER O MOBILIARIO DE XIMNASIA PARA MAIORES A OUTRA ZONA PARA PODER DEIXAR XOGAR AOS NENOS COA PELOTA SEN MOLESTARLLES. LEVALOS A UNHA ZONA MENOS CENTRAL E MÁIS LATERAL.

RETIRAR O CHAN DE PEDRAS QUE HAI NA ZONA DE XOGOS INFANTIS E POÑER MATERIAL DE CAUCHO COMO NO RESTO DAS ZONAS DE XOGOS.

Lecer, cultura e deporte para tod@s

23/06/2016  •  xl.sande  •  Toda a cidade

A proposta pretende que haxa un investimento en programas de actuación directa cun dos colectivos que máis está padecendo uns recortes intolerábeis, inxustos e totalmente insolidarios; afectando especialmente aos colectivos máis vulnerábeis. Propoño realizar varias actividades que poidan facer posible a participación de persoas con algún tipo de minusvalía.

  1. Lecer nos centros cívicos para todas e todos: Programar actividades anuais organizadas de xeito que poidan participar nelas persoas con diversidade funcional. Comezar polos centros con maiores recursos (Forum e Ágora) para progresivamente incorporalas a tódolos centros cívicos da cidade onde exista esa demanda. As actividades deberan orientarse cara a consecución de grupos mixtos onde a integración sexa o elemento fundamental de traballo.
  2. Música para todas e todos: Incorporar un programa anual na Escola Municipal de Música no que poidan participar persoas con algún tipo de minusvalía, nomeadamente de tipo psíquico, para que a aprendizaxe e os beneficios da música cheguen a todo tipo de persoas.
  3. Deporte adaptado e paralímpico nas Escolas Deportivas Municipais: Incorporar actividades de deporte adaptado para que todos e todas teñan a oportunidade de iniciarse no mundo do deporte, deben ser programas específicos para que as persoas con minusvalía e problemas de mobilidade poidan comezar unha práctica deportiva que mellorará a súa calidade de vida. Asemade crear grupos de deporte paralímpico para aquelas persoas que xa teñen un nivel deportivo importante.

MIcro-Certamen A Coruña

10/06/2016  •  calzupas  •  Toda a cidade

Propoño un Certamen que comprenda duas actividades cultarais que precisan empuxe por parte das administracions e a un tempo achegalas a o gran público. Os curtos cinematográficos por unha banda e o Microteatro po la outra. Sería un moi interesante espazo de encontro entre creadores de distinto xénero pero que sen dúbida daría moita actividade e vidal cultural a unha cidade sempre aberta a experimentar. Podería ser tan so en duas xornadas (de ahi o de Micro-Certamen) cada unha das cales acollería unha das actividades a concurso.

Nova liña de bus que dea servizo aos traballadores/as do polígono de Pocomaco

22/06/2016  •  laur  •  Toda a cidade

Os traballadores e as traballadoras do Polígono de Pocomaco que traballamos máis alá do Gadis non temos cobertura de transporte público (xa que a actual liña 21 se desvía nese punto cara a Novo Mesoiro) e corremos perigo de ser atropelados ao desprazarnos camiñando longas distancias por beiravías cheas de coches estacionados e continuas saídas de camións.

O Polígono estaría menos saturado de coches e habería menos problemas de circulación nos accesos se existise unha liña de autobús que dese servizo a todo o polígono. Esta é unha petición histórica que estivo a piques de conseguirse hai anos, pero que nunca chegou a materializarse.

Cubrir edificios en ruinas

22/06/2016  •  ilmarino  •  Toda a cidade

Cubrir edificios en estado ruinoso con obras de arte que substitúan as redes que teñen na actualidade.

Poblado mitológico

20/06/2016  •  varesces  •  Toda a cidade

En verano llegan multitud de autocares. A visitar el faro y la zona de la torre, bajan, ven la zona y se vuelven a subir al bus para continuar su viaje a otro lugar y no dejaron mas que basura, la entrada a la torre ( si es que subieron) y alguno se tomo un helado. En la zona comprendida entre el aparcamiento, la playa de las lapas y la caseta del antiguo canteiro se podría montar la infraestructura necesaria para albergar en las épocas turísticas un poblado mitológico centrado en las leyendas propias de la zona y Galicia. Podrían instalarse paneles con información de los diferentes personajes, actuaciones teatrales de diferentes leyendas, talleres para artesanos que aparte de hacer demostraciones de su labor podrían vender sus productos, una zona para venta y consumo de la gastronomía del lugar, ....

Apoio o cannabis medicinal

13/06/2016  •  ohabitante  •  Toda a cidade

Cesion de espazos desocupados para asociacions cannabicas que ofrecen alternativa as medicinas BAYER.

Iluminación

09/06/2016  •  Jorge Martínez  •  Toda a cidade

A renovación e iluminación total das zonas máis escuras da Coruña con tecnoloxía LED. Ademáis, as zonas menos atendidas dun tipo de ocio do que cada vez disfruta máis xente, a pesca. Un exemplo claro é a escasa luz que hai no muelle da torre de control, que acolle a cada vez máis aficionados á pesca polas noites. Esta xente podería aproveitarse da luz tan necesaria para esta práctica. 

Poner contenedores para echar los ENVASES DE PLÁSTICO (Hay en Ferrol)

19/06/2016  •  lljamar70@gmail.com  •  Toda a cidade

Faltan CONTEDORES DE ENVASES PLÁSTICOS EN LA CIUDAD

Hay amigos que los llevan a Ferrol.