Na Coruña Contas

Volver

DAR O NOME DE AVENIDA DO OCÉANO A UNHA RÚA DA CIDADE

becky becky  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2718

Parece mentira que nunha cidade tan marítima como A Coruña e co mar como elemento central da nosa historia non exista nengunha rúa con un nome así. Fai pouco estiven en Vladivostok, alí a avenida principal chama-se Avenida do Océano ( a secas). Creo que sería unha boa idea que nós tamén tivéramos a nosa Avenida do Océano ( eu son partidaria de que o nome sexa así, simplemente, sen engadir Atlántico). Soa ben e até ten un toque romántico. Tamén sería unha ocasión para irmanarnos con Vladivostok que está no outro extremo do continente europeo.Personalmente, estaría a favor de cambiar o nome de Avenida do Exército por Avenida do Océano.

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola súa proposta. Realmente é un nome precioso para unha rúa, especialmente nesta cidade que está rodeada de mar. Lamentablemente, o cambio de nome dunha rúa non pode entrar neste programa de Orzamentos Participativos pois non é un gasto de investimento, senón unha decisión que debe ser aprobada polo Pleno do Concello. Animámolo igualmente a que o solicite a través das canles habituais de comunicación co Concello (Rexistro Xeral, 010 ou SyR). Grazas de novo pola súa participación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos