Na Coruña Contas

Volver

Adecuación da Glorieta da Paz (Os Mallos) como un lugar de encontro

carlos.martinez carlos.martinez  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2839

Adecuación da Glorieta da Paz (os Mallos) como un lugar de encontro e convivencia entre o estudantado universitario e os cidadáns da súa contorna.

Para dar viabilidade á idea de revitalizar o barrio dos Mallos como unha zona de alta concentración de estudantes universitarios foráneos, á que recentemente se aludiu na prensa local, cómpre proceder á rehabilitación de determinados espazos públicos ao tempo que se incentiva e impulsa a rehabilitación de edificios en mal estado de conservación. A RYAPGOM cataloga con distintos niveles de protección a un importante conxunto de edificacións entorno á Glorieta da Paz, que responden a valores característicos dun barrio específico en retícula rectangular herdada da tradición decimonónica.

Proponse unha pequena actuación na Glorieta da Paz, situada en pleno corazón do barrio, para adecuala como un espazo de encontro cultural, e nomeadamente como un lugar de difusión do coñecemento dende o que os estudantes universitarios e os profesores que o desexen poidan divulgar abertamente os seus coñecementos ao conxunto da cidadanía.

Cun pequeno investimento, a Glorieta da Paz, cuxo nome evoca por si só un valor esencial para a convivencia cidadá, podería servir así de experiencia piloto de cara a unha futura extensión deste tipo de actividades a outras zonas de especial concentración estudantil, como o entorno da futura residencia universitaria. A Universidade da Coruña mesmo podería colaborar na organización dalgúns eventos.

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola súa participación neste programa. Lamentablemente, a realización de actividades culturais supón a prestación dun servizo que non se encadra dentro dun gasto de investimento senón que é un gasto corrente, polo tanto, non se podería facer a través deste programa. Aínda así, pasaremos a súa petición á área correspondente para a súa valoración e posible solución por outras canles. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos