Na Coruña Contas

Volver

Plan de prevención de accidentes no mar

laur laur  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2821

Dadas as características da cidade e os temporais que normalmente existen no inverno, propoño crear unha campaña de prevención de accidentes relacionados co mar, destinada á cidadanía en xeral, pero tamén a todo o estudantado estranxeiro que cada ano vén á Coruña e descoñece os perigos que existen e as precaucións que é necesario tomar.

 

 

 

 

 

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola súa participación neste programa. Lamentablemente, a creación dunha campaña de prevención supón a prestación dun servizo que non se encadra dentro dun gasto de investimento, senón que é un gasto corrente. Polo tanto, non se podería facer a través deste programa. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos