Na Coruña Contas

Volver

Pasos de peóns en Pocomaco + Plan de sensibilización

laur laur  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2817

Neste momento non é posible desprazarse polo polígono de Pocomaco empregando pasos de peóns, xa que son escasísimos e só existen nas primeiras avenidas. Non é posible camiñar de maneira segura desde o centro de traballo ata a parada de autobús (situada no inicio do polígono), ou desde o centro de traballo ata as cafeterías máis cercanas...

Ademais, son habituais as malas prácticas por parte dos condutores, non habituados a parar nos pasos de péons destas zonas, e a estacionar os vehículos en curvas, eliminando a posibilidade de camiñar polas beiravías (sempre saturadas de vehículos) e expóndonos a constantes perigos.

Por todo iso, propoño a instalación de pasos de peóns, a súa correcta sinalización (mediante avisos lumínicos), a reparación das reixas que rodean as beiravías e que teñen provocado accidentes dado o seu mal estado, a creación dunhas beiravías para peóns e non para coches e, especialmente, levar a cabo un plan de sensibilización sobre a necesidade de respectar os peóns nos polígonos.

En definitiva, é preciso humanizar este polígono, pola seguridade dos que nel traballamos.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE debido a que a titularidade dos viais do Polígono de POCOMACO é privada e, polo tanto, o Concello non pode facer gasto de investimento neles. Con todo, o Concello tentará abrir un espazo de conversa sobre este tema coas partes implicadas. Agradecemos a túa participación no programa de Orzamentos Participativos e animámoste a participar en vindeiras edicións.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos