Na Coruña Contas

Volver

Centros de conciliación

martacuba martacuba  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2815

Na actualidade son moitos os avós que se ocupan dos nenos para facilitar a moitas nais e pais poder acudir aos centros de traballo. Sería interesante facer un censo do número de persoas que se ocupan desinteresadamente do coidado dos nenos. Que os nosos maiores realicen os coidados dunha forma desinteresada e altruísta non significa que debamos esquecer o feito de que é unha tarefa imprescindible para o funcionamento da produtividade empresarial, sen eles a maquinaria empresarial non funcionaría.

A miña proposta é a creación de "centros de conciliación" nos que poder integrar o coidado dos nenos e a ocupación dos nosos maiores. Centros con profesionais remunerados aos que poidan acudir nenos e maiores, e nos que poder integrar tamén o contacto coa natureza. Lugares nos que poder ocuparse dos nenos sen a tensión nin a obrigación que supón ter que facelo por obrigación ou necesidade. Desculpabilizar e desestresar a moitas nais e pais que acoden a traballar con ansiedade.

En favor dunha sociedade máis completa e madura é necesario facer consciente todo o que achegan aquelas persoas que pola súa idade ou características non teñen capacidade produtiva, por exemplo os nenos, os maiores ou os discapacitados. Ocuparse da historia que conecta aos nosos avós cos nosos nenos, tecido que nos constrúe e defínenos como persoas e como sociedade. Para que serven os beneficios da produción económica e do esforzo da xente en idade de traballar se excluímos da sociedade o pasado e o futuro que nos conecta e nos humaniza? 

Para a dotación destes centros sería interesante tamén contar co apoio ecónomico do sector empresarial. Un sector decisivo no tema e que ten moito que dicir neste labor mudo e silenciado grazas ó cal salen adiante os negocios. Trátase de implicar e xerar responsabilidade en asuntos que afectan de primeira man aos seus traballadores. Empezar a priorizar algúns asuntos que ata agora estaban convenientemente recluídos no ámbito privado. Asuntos importantes nas nosas vidas, como o benestar de nenos e maiores. Estes asuntos deben empezar a estar na axenda pública. Por que se non conectamos o noso pasado co noso futuro, o presente convértese nun mero instrumento alienante.  

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE técnicamente segundo o seguinte informe: "Os requisitos funcionais e de superficies establecidos nas normas que regulan os centros de menores e de atención á infancia, aos que habería que engadir os propios da presenza das persoas maiores colaboradoras, farían que o investimento superarase o custo máximo do millón de euros establecido nas bases destes orzamentos." Con todo, dámosche as grazas pola túa achega ao programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos