Na Coruña Contas

Volver

Creación do Centro de Transfusión de Mobilidade: recuperación de bicis usadas

zurdofran zurdofran  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2813

A idea é establecer os mecanismos para manter unha rede permanente de doazóns, recollida, revisión e entrega de bicicletas utilizando recursos e persoal do concello. Custe cero e implantación gradual.

Neste proxecto traballarán varias seccións de distintas concellerías (Servizo de Mobilidade Urbana, Servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Servizo de Medio Ambiente, Servizo de Emprego e Empresa, Servizo de Acción Social…), cidadanía (como doantes), Comercio Local (tendas e talleres de bicicletas), Asociacións de Comerciantes, Asociacións de veciños, ONG’S...

Trátase de dar un servizo a cidadáns que o precisen cedéndolles gratuitamente unha bicicleta para os seus despraazamentos pola cidade. O proceso sería o seguinte:

  1. Unha traballadora social considera que unha persona podería verse beneficiada polo Centro de Transfusión de Mobilidade xa que precisa unha bicicleta. As Traballadoras Sociais xestionan as solicitudes e lista de espera da bicicleta.
  2. Se crea o expediente e tramita a petición.
  3. Se revisa no banco de bicis a existencia dunha axeitada para esa persona. De nón haber bicicletas a solicitude sería enviada a Traballadora Social e pasaría a lista de espera. En caso de atopar unha se lle fai a entrega previa revisión da bicicleta e se lle dan a esa persoa unhas nocións sobre seguridade vial para o uso responsable e seguro da bicicleta.

Se establecen 3 niveis de actuación:

  1.  EDUCATIVO: 

    Educar na reciclaxe, reutilización e reparto de recursos e na economía social.

    Incentivar o uso da bicicleta como ferramenta para humanizar a cidade. 

  2. LABORAL e COMERCIAL: 

    Incentivo do comercio local con convenios e campañas nos barrios.

    Reinserción laboral con talleres de formación na mecánica de bicicletas. (Escola Taller Mecánica da Bici). 

  3. REINTEGRACIÓN e SOLIDARIDADE:

    Dotar as persoas sen recursos dun medio de transporte efectivo e económico.

    Ningunha  rapariga nin raparigo sen bicicleta.

    Mobilidade autosuficiente, económica e sostible. 

Proposta en nome de: MOBI-LIZA, asociación por unha mobilidade responsable

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que a súa proposta, tal e como está concebida, trátase dun servizo que podería implantar o Concello pero que non supón un gasto de investimento, senón un gasto corrente, polo que non pode ser considerada Viable. Non obstante, se fai chegar ás Concellerías que poderían ter a responsabilidade, por si estiveran interesadas en implantar o servizo. Moitas grazas pola súa participación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos