Na Coruña Contas

Volver

Eliminar contedores de lixo de prazas e casco histórico

Manuela Manuela  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2799

Propoño quitar os contedores de lixo que se instalaron no centro das prazas como se de monumentos se tratara, os contedores de papel e de vidro da praza de Azcárraga, os contedores que reciben ao crente á entrada da igrexa de San Nicolás, os que están no medio da praza de San Andrés, etc etc.

Tamén cambiar o sistema de recollida no casco histórico. Os veciños terían unha ou dúas horas á noite nas que depositar as bolsas a carón das súas vivendas. Rematado o prazo pasaría o camión e as rúas quedarían limpas. É un método que xa utilizan cidades como Oviedo ou Vitoria, sencillo e máis ecolóxico.

Poderían conservarse algúns dos contedores soterrados para o papel e o vidro xa que non se recollen a diario

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola súa participación neste programa. Lamentablemente, suprimir colectores ou mobiliario urbano non se encadra dentro dun gasto de investimento, polo tanto, non se podería facer a través deste programa. Aínda así, pasaremos a súa petición á área correspondente para a súa valoración mediante outras canles. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos