Na Coruña Contas

Volver

Contaminación visual no paseo marítimo

Manuela Manuela  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2792

Rebaixar a contaminación visual arredor da Torre e no paseo marítimo. Ten tantas farolas e postes vermellos que agochan a súa finalidade: ver o mar. Mesmo o balaústre o impide. O lugar é fermoso en si mesmo non debe adornarse máis. So mar e ceo abondan.

Propoño que as farolas se vendan á chatarra e con iso igual se axuda ao custo de sustituilas por outras que só alumeen. Tamén se podería poñer á venda os 1.200 esmaltes da artista Julia Ares (pode haber coruñeses nostálxicos que paguen por eles). Isto axudaría a financiar a actuación. Se non se vai usar o tranvía aproveitar para eliminar toda esa infraestructura.

O balaústre sería sustituido por calquera elemento que marque o límite costeiro e sexa o máis discreto posible.

E por último buscar unha solución para eliminar o pavillón de deportes que está a carón da Torre competindo con ela. Entendo que fai unha función social, pero igual se podería trasladar, soterrar... etc

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola súa participación neste programa. Lamentablemente, a eliminación de mobiliario urbano ou dun edificio supoñen unha actuación que non se encadra dentro dun gasto de investimento (pode ver os requisitos aquí: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1). Polo tanto, non se podería facer a través deste programa. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cgomezr

    No estoy de acuerdo. Lo que para usted es contaminación visual, para muchos es una seña de identidad de la ciudad. Si habla con turistas extranjeros (yo suelo recibir visitantes a los que enseño la ciudad), verá que la estampa de las farolas y postes rojos es de las más fotografiadas y recomendadas en las guías, junto al tristemente desaparecido tranvía turístico. Para ver el mar, mucho más obstaculiza el asfalto con cuatro carriles de coches (de los que sobran dos) que los inofensivos postes. Por otra parte, en Coruña tenemos la suerte de que abundan sitios más "naturales" para ver el mar, desde el paseo más allá del Millennium hasta la propia península de la Torre y Punta Herminia, tampoco pasa nada por tener un tramo original y distinto.

    Por último, creo que en términos generales deberíamos dejar la mentalidad destructiva de deshacer lo hecho por otros cuando no nos gusta, no vamos tan sobrados como para andar haciendo inversiones millonarias para luego convertirlas en chatarra.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos