Na Coruña Contas

Volver

Conversión da antiga Paxareira de San Diego en aula da natureza

Ken Keirades Ken Keirades  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2779

A Paxareira no parque de San Diego, agora valeira, e un lugar propicio para adicalo a aula da natureza para nenos e adultos aproveitando os diferentes espacios ambientais nos que se dividía a instalación para a climatización dos paxaros. Poderían instalarse paneis fotograficos con imaxes de diferentes bioclimas arredor da instalación, zona de proxección videográfica incluso cara os viandantes de fóra e un espacio que podería servir de viveiro de plantas específicas das diferentes zonas do planeta. Os colexios da zona podería colaborar no mantemento e a  creación e a o estar pechada non estarí sometida aos rigores climatolóxicos. Requirese facer unha limpieza integral, adecuación do espacio coas mesas de traballo, equipamento de material, ferramentas etc.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Victor

    A idea é boa, pero eu agardaría a ter o espazo do porto de San Diego ou a zona da ponte Pasaxe para facer un museo das ciencias naturais ou museo da biodiversidade, que se uniría ós outros museos científicos. Nel poderíase incluír aulas para impartir cursos, biblioteca/centro de documentación especializado e mesmo un pequeno xardín botánico. Todo isto formando parte dun corredor verde con carril bici, paseo e porque non, un tranvía dende a zona da marina. Para isto sería importante tamén facer a estación para trens de proximidade, ou mesmo trasladar novamente a idea da intermodal a San Diego. Tendo en conta a facilidade de chegada dos buses interurbanos e a súa proximidade do centro.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos