Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUN BIBLIOTECA DE LINGUAS EXTRANXEIRAS

becky becky  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2776

Cando unha visita as diferentes bibliotecas da cidade percebe unha insuficiencia - a falta de libros en linguas extranxeiras-. Non podemos seguir sendo unha sociedade que ignora e incluso despreza as línguas extranxeiras, sobre todo, se queremos ser algo neste mundo globalizado. Eu propoño a criación dunha biblioteca de linguas extranxeiras onde a xente acuda a ler, escoitar, falar... en outras línguas. Podería ser un centro para o encontro con persoalidades de outras culturas que visitan a nosa cidade. Eu, persoalmente, estaría disposta a doar miles de libros.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos