Na Coruña Contas

Volver

Humanización e integración da Cidade Escolar

carmen2013 carmen2013  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2767

Na Cidade Escolar hai moitos centros educativos:Uned, Conservatorio de Música, Escola de Idiomas, Instituto Masculino...que están pegados uns aos outros pero á vez están separados por muros. Para mín non teñen sentido estes muros que o que fan é separar a cidade e o día a día do barrios dos propios centros educativos. A miña proposta sería derrubar eses muros e facer un "campus" aberto con árbores, papeleiras, sendeiros,bancos e alumbrado no que non só os estudantes poidan estar senón todos os que viven ou os que visitan nese barrio tan bonito. Sería o xeito de integrar a "educación" no día a día da cidade. Daríalle moito valor a esta zona e permitiría que todo o mundo poida coñecer os centros con só un paseo.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que a súa proposta é declarada Inviable porque non se axusta a ún dos requisitos que esixe o programa de Orzamentos Participativos, que ten que ser de competencia municipal, e neste caso, non o é. Dámoslle as grazas pola súa participación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • josagon

    Hai que ter en conta que cada Centro educativo ten as súas actividades e os seus actos propios cos seus alumnos: Educación Física, Actos sociais, aparcamentos e outros non programados polo que teñen que contar co seu espazo propio e exclusivo. Se non fora iso non era mala a idea pero primeiro son os alumnos que para iso son os Centros.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos