Na Coruña Contas

Volver

Bosque de Galicia, no Parque de Bens.

alvaro alvaro  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2749

Na Coruña temos un espazo natural envexable, polo Parque de Bens paseamos moitas persoas, uns fan deporte, outros pasean os cans. En definitiva, é un espazo de vida.

Estaría aínda mellor se a zona con eucaliptos fose reprantada con especies autóctonas coma castiñeiros, carballos etc. Hai que collelo coche para que alguén da cidade poida ver e pasear por un bosque autóctono. Un espazo onde as familias poidan pasear cos nenos e amosarlles o fermoso paso das estacións. Un espazo onde chegado o outono os coruñeses poidan cumplir ca tradición da recollida das castañas sen viaxar kilómetros no coche.

Unha zona de bosque onde as escolas da cidade poderían organizar excursións para coñecer de primeira man o que pon nos libros, e educar no mantemento da natureza.

Unha sociedade que coñece e ama a súa natureza é unha sociedade respectuosa.

 

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE segundo o seguinte informe técnico: Para una cuantificación do número de exemplares a plantar calculouse un prezo medio 'tipo' de plantación de arboledo en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a riego. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16 y 12/14), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arboledo (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidades, ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (volumen de plantación maior a 2 m3, utilización de anclaxes, drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Por tratarse dun parque costeiro influenciado polos ventos salinos e cun sustrato predominantemente rochoso, débese estudar minuciosamente as especies, os lugares de plantación e as necesidades de mellora do solo. Sería igualmente conveniente empezar por repoboar zonas sen arborado antes de plantexar a tala masiva dos poucos árbores existentes (ainda que sexan eucaliptos), sen descartar a súa substitución paulatina futura si as plantacións previas arraigan con éxito. Sería conveniente a elaboración de catas e análises previas do terreo para determinar as condicións do substrato e a posibilidade de plantexar medidas correctoras. O orzamento máximo posible permitiría plantar unha media de 1.630 árbores cunha pinza que varía entre un mínimo de 1.200 e un máximo de 2.000 exemplares. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na edición do ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos