Na Coruña Contas

Volver

Agra de Santo Amaro

AVV Atochas - Monte Alto AVV Atochas - Monte Alto  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2696

Eliminación do foco de lixo, ratas, control das colonias felinas, maleza, chabolos... e toda clase de refugallos abandonados na zona ao carón das instalacións deportivas da Torre, recuperando para uso veciñal a Agra de Santo Amaro, eliminando o foco de suciedade e mellorando as condicións da zona.

Proposta en nome de: Asociación Veciñal das Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules

Informe de inviabilidade

Agradecemos moitísimo a súa proposta e tomamos nota da súa petición para que as áreas correspondentes poidan valorar unha solución, pero a eliminación do foco de suciedade que vostede comenta sería un gasto corrente e non supón un gasto de investimento (pode consultar os requisitos que debe cumprir un investimento nesta ligazón: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1), polo que non pode entrar neste programa. De todos os xeitos, comunicaremos ás áreas implicadas este problema para buscar unha solución a través doutras canles. Grazas de novo por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos