Na Coruña Contas

Volver

Mantemento e conservación das beirarrúas e rúas do Barrio

AVV Atochas - Monte Alto AVV Atochas - Monte Alto  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2693

Reparación e programa de mantemento permanente dos moitos problemas que presentan as beirarrúas e rúas do Barrio: baldosas levantadas e buratos, programa de mellora da mobilidade para cadeiras de rodas, carriños... consistente no rebaixe dos bordes das beirarrúas nos pasos de peóns, amaño das escaleiras existentes, pavimentación...

Proposta en nome de: Asociación Veciñal das Atochas - Monte Alto - Torre de Hércules

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos