Na Coruña Contas

Volver

Promoción investigación científica

andrea.fernandez.sanchez.1991 andrea.fernandez.sanchez.1991  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2656

Actualmente os presupostos das universidades para a promoción científica son insuficientes, asimesmo non contamos con axudas para o estudo de programas de doutoramento, impedindo compatibilizar a investigación co traballo.  Mentres que noutras provincias e comunidades contan con esta oportunidade.

As únicas fontes de financiación son bolsas predoutorais outorgadas pola xunta de galiza, na que os criterios de avaliación son pouco claros e ideais para o ciclo da súa corrupción interna, na que prima en lugar dos méritos, os criterios que a eles lles parecen oportunos.

Polo tanto, considero que sería unha boa opción, ou abrir espazos para que se faga público a nosa labor investigadora dentro do concello da Coruña, ou que se podan por a disposición dos xóvenes investigadores recursos económicos para que podamos seguir coa nosa labor de investigación.

Informe de inviabilidade

En primeiro lugar, gustaríanos expresar a nosa empatía e solidariedade con todas as persoas que se dedican á investigación científica e que ven como nos últimos anos o investimento nos seus proxectos decrece en picado, pois é un dos pilares do progreso e do benestar. Tamén temos que comunicarlle que este programa de Orzamentos Participativos non pode acoller gastos que supoñan bolsas, concursos ou premios, pois, dentro dun orzamento como documento técnico, son gastos considerados subvencións e non poden ir no capítulo de investimentos. Queremos transmitirlle a nosa intención de procurar colaborar, na medida na que un concello poida facelo, para que esta situación se revirta. Moitas grazas de novo por participar neste programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos