Na Coruña Contas

Volver

Parque na Ladeira de San Pedro cara aos Rosais

gloson gloson  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2652

Na baixada do Monte de San Pedro paralela a Manuel Azaña prantaron o pasado ano antes das eleccións municipais, perto de 90 arbres tan pequenos e RAQUÍTICOS que teremos que esperar 20 anos para den sombra e que aquilo semelle un bosque.  De feito os que había ao redor da pista de skate xa non existen.

As dúas parcelas baixas máis próximas a  Manuel Azaña non teñen negunha árbore e sí duas horrendas torres electricas fora de uso que nunca se desmontatron.

As  catro mesas de pedra con bancos que hai son insuficientes, e teñen moito uso. 

O acceso desde Manuel Azaña entre os númros 52 e 54, non se rematou nunca desde que se construi o barrio e cando chove moito a terra e a area invaden a beirarúa.

Propoño: Rematar os accesos, e poñer pasamans no tramo de pendente.

Prantar árbores o suficentemente crecidas para que non parezan paos chantados no chan. Menos cantidade pero de maior tamaño desde o principio. Engadir mesas e bancos para que o espacio sexa un parque. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos