Na Coruña Contas

Volver

O ANTIGO CÁRCERE DE A CORUÑA COMO CENTRO SOCIAL - CULTURALY DEPORTIVO

lrg lrg  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2650

Todas as asociacións ou alomenos a maioría delas, temos unha grande necesidade dun espacio óptimo para desenvolver a nosa actividade, tanto social, sanitaria, deportiva ou cultural. De feito, a nosa asociación está a compartir un local con outra entidade e recentemente outra aosicación pediunos poder compartilo, cousa que era imposible porque xa estamos máis persoas do que o espazo permite.

Dense hai anos se está a falar do antigo cárcere d¨A Coruña,como un posible espazo para as asociacións, pero non hai trazas de que haxa moita luz ao respecto, e o que tememos é que outros intereses acaben por darlle outros uso.

Penso que habería que pararse neste aspecto e analizar que posibilidades hai de habilitar un espazo municipal para uso das asociacións; noutras localidades, como Lugo, está funcionando perfectamente. 

A NOSA PROPOSTA E POLO TANTO QUE SE SE ACELEREN OS TRÁMITES PARA QUE ESTE EDIFICIO SE CONVIRTA EN MUNICPAL.

E SE FAGA UNHA INVERSIÓN PARA A SÚA REHABILITACIÓN.

 

 

Proposta en nome de: LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi considerada INVIABLE técnicamente, en base ao informe que se achega: "O Concello da Coruña está realizando as xestións para que o SIEP (Sociedade de Infraestructuras e Equipamentos Penitenciarios) permita o uso público do antigo cárcere provincial. Actualmente o cárcere pertence a este organismo, de xeito que, ata que se acade un acordo para a cesión ou venda do inmoble entre esta sociedade e o Concello, non é posible acometer investimentos municipais no edificio. Asemade, tendo en conta o seu estado actual de conservación, o investimento preciso para implantar novos usos municipais no edificio e os seus patios requirirá un investimento sinaladamente superior ao millón de euros que é o importe máximo do programa de Orzamentos Participativos". Con todo, dámosche as grazas pola túa colaboración neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pedro16797

    Estaría ben que se empregara tamén como espazo multicultural podendo facer representacións teatráis/concertos/exposicións, ter salas de ensaio para apoiar as do Coliseum (que pechan en mpitas ocasións polos demáis usos do espazo e quedan algo ailladas do núcleo urbano), salas para artes plásticas, galerías, biblioteca... Acompañado con salas de reunións e oficinas para asociacións da cidade.

    Canto máis agrupe o activismo e a cultura mellor, funcionando como un centro de conexión no que coñecerse entre todas as persoas que dan vida á cidade e sendo centro operativo para estas.

    Sería precioso, a verdade.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos