Na Coruña Contas

Volver

Peatonalización dun tramo da rúa Alcalde Marchesi.

juliac.villaverde juliac.villaverde  •  20/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2646

A miña proposta é a peatonalización dun trozo da rúa alcalde Marchesi, dende o hotel trip Coruña (rúa Ramón y Cajal) ata a rotonda que hai ó inicio da rúa Gaiteira.

Dalgún xeito, podería ser unha prolongación da xa peatonalizada rúa Gaiteira. 

No tramo do que falo, na rúa alcalde Marchesi, hai moito tránsito de coches mal aparcados, en doble fila, especialmente a fin de semana. Fórmanse a miúdo, embotellamentos. 

E unha rúa moi transitada por veciñ@s e persoas que van ó centro comercial/comercios/ vivendas da zona.

Paréceme que salvo transporte de carga e descarga, e os coches que saen dos aparcadoiros das vivendas, poderíase prescindir do tráfico rodado neste tramo.

A rúa Gaiteira e a praza que hai detrás do centro comercial "catro camiños" son peatonais. e moi populares para pasear, ir de comprar, xogar, andar en bici, etc. Creo que sería bo engadir este tramo que menciono e peatonalizalo. 

Gracias por darlle voz a cidadanía con espazos como este.

juliac.villaverde

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos