Na Coruña Contas

Volver

Recuperación do Mercado sito entre Avenida de Oza e a rúa da Merce

psexto psexto  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2634

Dende o noso colectivo estamos contactando coa veciñanza e cos comerciantes para elaborar ideas e propostas de como se pode recuperar ese mercado que hoxe está case totalmente inutilizado, procurando que as propostas e ideas que moitas persoas do barrio nos aportan cheguen ás administracións que poden levalas adiante.

É necesario darlle unha nova vida a esas galerías, para iso hai que mellorar as instalacións e procurar que o 100% das mesmas se utilicen. O Concello pode elaborar un convenio cos propietarios das galerías comerciais para realizar esa mellora e ao mesmo tempo lograr a cesión dunha parte das instalacións.

Coa parte que se ceda ao Concello, a administración local pode realizar multitude de actuacións que revitalicen o comercio e axuden á creación de emprego no barrio, algunhas delas poden ser:

  • Poñer postos comerciais a disposición de parados e paradas a un prezo asumíbel, permitindo que se poidan abrir postos que hoxe están pechados.

  • Crear un espazo para “coworking”. No barrio non existe ningún, falamos dun modelo de actividade que permite que diversos profesionais poidan establecer un punto de traballo e de contacto comercial a un prezo baixo, ao mesmo tempo que colaboran entre eles para lograr incrementar a actividade económica.

  • Crear un espazo común para actividades culturais (música, teatro, danza, exposicións...) e tamén comerciais como pequenos mercadiños de produtos ecolóxicos, de segunda man, artesanía.. Deste xeito tamén apostamos por un modelo de consumo de proximidade máis ecolóxico e sustentable.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a súa participación neste programa e recollemos a súa proposta que nos parece moi interesante pero, lamentablemente, non pode entrar dentro deste programa concreto de Orzamentos Participativos pois a subscrición dun convenio non supón un gasto de investimento. Pode consultar os requisitos que se esixen para que un gasto sexa considerado investimento nun orzamento aquí: https://aportaaberta.coruna.es/spending_proposals_info#1. Aínda así, pasaremos a súa proposta á área correspondente para a súa valoración como posible solución para a recuperación dese mercado. Moitas grazas de novo pola súa contribución.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos