Na Coruña Contas

Volver

A veciñanza reclama antiga fonte da Gaiteira.

psexto psexto  •  19/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2624

 

Dende que se instalou un pequeno surtidor no lugar onde antes estaba a fonte da Gaiteira e logo unha nova fonte , moitas veciñas e veciños se teñen dirixido á nosa asociación para expresar a seu malestar. Onde antes tiñamos unha fonte que formaba parte do barrio dende hai anos, unha fonte feita en pedra de cantería e forxa, agora temos un trebello e unha nova fonte que nada ten que ver co que nos quitaron.

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos facer público ese malestar e sumarnos nós tamén ao que nos parece unha autentica burla, como se pode substituír a fonte da Gaiteira por semellantes cousas? Non se podía volver poñer a fonte que había a aproveitar as obras para mellorar o asentamento de pedra que tiña?.

 

 Dende  a nosa asociación veciñal solicitamos que volvan a poñer a fonte antiga na rúa da Gaiteira

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos